O voto municipal en España (eleccións 2003)
Fermín
Bouza (Catedrático de Socioloxía -Opinión Pública- no Departamento de
Socioloxía (VI) da Facultade de Ciencias da Información da Universidade
Complutense de Madrid, bouza@ccinf.ucm.es )
As eleccións municipais
terían que ser, en teoría, un exercicio
de racionalidade doméstica por parte dos electorados: trátase, agora si, de
votar ó que mellor poida facelo para resolvermos as cuestións máis inmediatas.
E se esto é así, pouco debería pintar a ideoloxía neste negocio da pura razón
pragmática. ¿E así realmente?. O asalto ó poder polo PP no 1996 foi anunciado
por unha grande suba nas municipais do 1995[1],
que foi o sorpasso (este será o auténtico sorpasso, e non o que
pretendía daquela IU, con Anguita, que foi una grande desfeita electoral e
rematou na pinza contra do PSOE) definitivo ao PSOE, tras dunha
unificación do voto de dereitas. Dende esa victoria nos concellos, o camiño á
Moncloa estaba xa aberto, como logo se veu. Daquela, aquel voto municipal estaba xa en liña coas enquisas de cara ás
eleccións xerais, e foi un adianto que logo a realidade rebaixou bastante a
favor dun PSOE que resistiu ata o final cunha grande porcentaxe de voto. Tamén
o PSOE anunciou a súa chegada ao goberno no 1982 con bos resultados[2]
nas municipais do 1979, moi preto da UCD (o PSOE, xunto co PC, controlaría una
boa parte dos concellos).
É relativamente certo que os resultados municipais non se de deben proxectar cara a unhas eleccións xerais, pero non só porque a xente vote distinto (o que é certo, pero non sempre) senón, entre outras cousas importantes, porque o tempo pasa e as cousas cambian. Outros factores de diferencia: a participación, bastante máis baixa nas municipais (mesmo nestas), e as infinitas candidaturas independentes, que van a máis e creban as proxeccións (anque moitas destas candidaturas son de dereitas, e pactan co PP, outras pactan coa esquerda).
O estilo desta campaña pola dereita, o estilo PP/Aznar, incluíu tres cousas importantes: 1) a idea de que a oposición era pouco seria (“una oposición de pancarta” e “en pelota picada”[3]), 2) a idea de que fronte ao PP estaba a “coalición social-comunista”, e 3) a referencia ás partes ou atributos do xefe[4] (“si alguien tiene un metro por ahí, se lo prestáis si me quiere medir a ver cómo ando de medida”).
Intelixentemente, Aznar xogou a amorear o seu voto cunha mensaxe fundamentalista, guerracivilista, moi da dereita máis doutrinal, que turrou do conxunto da dereita, ordenou as filas populares e foi con certa orde a votar para parar “aos roxos”. Coma nos vellos tempos. Todo moi ético e moi democrático, apoiado pola inmensa división mediática que hoxe controla directa ou indirectamente o goberno. Pero foi funcional: evitou, en termos xerais, unha maior e alarmante derrota do PP. Que perdeu, pesa todo.
Pero algunha cousa non
funcionou agora ao xeito estrictamente municipal, como se a xente acudise á
chamada de Aznar para facer destas eleccións un referendo da súa política,
particularmente da súa política internacional. Alomenos en Madrid, onde eu
vivín estas eleccións, a sensación de que as forzas electorais da dereita
estaban mobilizadas[5] foi
absoluta. Pero a participación en Madrid[6]
, case dous puntos máis alta ca media do estado, foi moi irregular, e se ben é
certo que en Chamberí e outros barrios do centro a participación foi moi alta
(un pouco máis alta que nos barrios obreiro-industriais), barrios como
Salamanca (60,94%), Centro (67,60%) ou Retiro (40,83%), moi de dereitas, estiveron por baixo da media de
participación, o que non deixa de ser ben curioso. Polo tanto, convén
relativizar a “sensación” de que a dereita mobilizouse máis ca esquerda: algo
diso hai, probablemente, pero non na medida en que pensabamos.
Comezo falando de Madrid non
só porque é a miña residencia habitual e teño un coñecemento directo dela,
senón porque se fixo da chamada “batalla de Madrid” (herdanza simbólica da
resistencia madrileña na guerra civil) o centro destas eleccións, coma se,
efectivamente, todo se fose resolver en Madrid. O resultado municipal (ver nota 3) é coñecido: Ruiz Gallardón
incrementou un pouco as porcentaxes de Manzano, e gañou comodamente o Concello
de Madrid. Non pasou o mesmo nas autonómicas, pero eso é outro cantar.
A victoria de Gallardón non
estaba moi clara nas enquisas, e sempre quedaba aberta a posibilidade dun pulo
final de PSOE/IU, o que deu soños de máis a moita xente. Non foi así:
Gallardón gañou ben e púxose no lugar exacto do que quere ir máis arriba: ¿a
presidencia?. O interese da batalla de Madrid tiña moitas verquentes, e unha
delas era esa: ¿os resultados do Concello deixarían a Gallardón (“Pitagorín”,
chámanlle os castizos) en boa posición para ser o candidato do PP á presidencia
no 2004?. Trinidad Jiménez (“La Trini”, tamén en expresión castiza) fixo unha
campaña da que non queda nada na memoria: que dixo?. Realmente é imposíbel
lembralo: a súa voz nas emisoras, cun acento do sur, alleo a Madrid (Pitagorín
recordoullo: Gallardón non é quen pinta, e usou dunha certa limpeza étnica
madrileñista, porque lla deron en bandexa), dicindo non se sabe que (comezou
pedindo o exilio dos funcionarios á periferia, co que quedou sen os votos dos
funcionarios), e un pouco incríbel no que se lle entendía, coma quen participa
nun concurso, máis que nunhas eleccións. Unha pésima campaña da candidata, sen
dúbida boa xente, pero moi mal adestrada para esto.
Gallardón gañou a praza de saída para o 2004, outra cousa é que o PP
(Aznar) considere que é este o momento
oportuno para el. É unha das incógnitas. Se se fora, deixaría aberto o camiño
para que a alcaldía de Madrid fose para Ana Botella, aspirante a Evita, non se
sabe aínda con que éxito.
TÁBOA 1
Eleccións municipais en España (% voto a candidatura). Datos do Mº do Interior e elaboración propia
Candidatura/ano
|
1987 |
1991 |
1995 |
1999 |
2003 (12) |
Soben/Baixan |
|
PP |
20,38(1) |
25,34 (2) |
35,27 (3) |
34,44 |
33,84 (13) |
(-) |
|
PSOE |
37,08 |
38,34 |
30,84 |
34,26 |
34,71 |
(+) |
|
IU |
7,86 (4) |
8,38 |
11,68 |
6,52 (5) |
6,06 (6) |
(-) |
|
CIU |
5,15 |
4,86 |
4,39 |
3,63 |
3,44 |
(-) |
|
PNV+EA ó PNV-EA |
2,30 |
2,29 |
2,01 |
1,74 |
2,11 |
(+) |
|
HB (7) |
1,23 |
1,06 |
0,83 |
1,28 (8) |
- |
- |
|
BNG |
0,31 (9) |
0,57 (10) |
0,94 |
1,36 |
1,42 |
(+) |
|
CC |
- |
- |
0,96 |
1,26 |
1,24 |
(-) |
|
ERC |
0,39 |
0,49 |
0,92 |
1,06 |
1,82 (11) |
(+) |
|
EE |
0,55 |
0,38 |
- |
- |
- |
- |
|
PA |
1,14 |
1,82 |
1,17 |
1,67 |
1,45 |
(-) |
|
PAR |
0,66 |
0,68 |
0,53 |
0,41 |
0,37 |
(-) |
|
CHA |
0,02 |
0,05 |
0,12 |
0,26 |
0,39 |
(+) |
|
OUTROS |
Ata 100% 100% |
Ata 100% |
Ata 100% |
Ata 100% |
Ata 100% |
|
[1]É só
AP. A suma de AP (20,38), PDP (1,64),
AP-PL (0,56), CDS (9,76), é 32,26. 2O CDS
sacou 3,88 3O CDS tivo
0,29 4Suma de IU
(7,16) e IU-Unió del Poble Valencia (0,68). 57,60 se se suma a porcentaxe
de IC-V-EPM: 1,08 6Con ICV-EPM (1,46 ) e IC-V-EPM
(1,24 )= 8,76 7Con este ou outros nomes 8 Con este ou
outros nomes 9PSG-EG tivo
0,29. 10CNG
(Converxencia Nacionalista Galega) tivo 0,28, o PNG 0,01, EG 0,00 e FPG 0,01
11Como ERC-AM
01 12Resultados
provisionais EL País 13 Os resultados provisionais del Mº do Interior danlle
ao PP 34,28%
Os
cambios porcentuais en voto a candidatura dende as elección de de 1999 (que son
os que temos en conta, tanto porque o cambio en número de concelleiros pode non
ser significativo do avance ou retroceso dun grupo, debido á variedade de votos
necesarios para obter un concelleiro nun sitio e noutro) falan dun claro
vencedor das municipais en Cataluña, o ERC[7],
un partido que se mantén sen problemas, o PP[8],
e dous que perden, o PSC[9]
e CiU[10].
Esquerra
Republicana de Catalunya convertese nun partido decisivo tanto nas municipais
como nas autonómicas, nas que podería xogar un papel ben especial a favor de
CiU ou de o PSC. O voto catalán do PSC váiselle pola esquerda nacionalista, por
máis que Maragall intentara (pondo ben nerviosos a algúns dos seus) darlle un
xiro aínda máis nacionalista ao PSC., e pola esquerda a secas, para ICV-EPM. No
concello de Barcelona vese ben Concelleiros 1999Concelleiros 2003clariño:
TÁBOA 2
Voto no Concello de Barcelona
(Mº do Interior)
|
Barcelona |
% Voto 2003 |
Concellais 2003 |
% Voto 1999 |
Concellais 1999 |
|
PSC-PM |
33,55 |
15 |
45,19 |
20 |
|
CiU |
21,40 |
9 |
21,69 |
10 |
|
PP |
16,13 |
7 |
14,87 |
6 |
|
ERC-AM |
12,81 |
5 |
6,52 |
3 |
|
ICV-EPM |
12,09 |
5 |
6,34 |
2 |
Os resultados municipais en Asturias non son bos para o PSOE[11],
pero si para o PP[12].
Nas autonómicas, onde o PP sobe 4
deputados (herda 3 da URAS) e o PSOE perde 2 (un vaise a IU, ¿outro ao PP?)
pasa o mesmo, e os resultados asturianos, xunto cos cataláns son a peor
colleita destas municipais para o PSOE. Non para IU, que se mantén ou sobe un
pouco en Asturias, onde gaña un deputado. Tamén avanzaba IU en Cataluña, se
entendemos ICV-EPM coma IU.
A suba do PSOE en Aragón[13]
e a suba do PP en Murcia[14],
poden ser lidos sen medo a errar como movementos de voto “hidrolóxico” polo
preito que enfronta a esas comunidades e pode alongarse ata as xerais do 2004.
A cuestión do PHN é unha desas cousas que poden traer graves problemas de
futuro para quen gañe no 2004 senón se chega a unha solución de consenso: un
tema desestabilizador de grande alcance que pode estar na axenda electoral das
xerais de forma importante e cambiar o sentido de moitos votos.
Pero é en Galicia, onde PSG-PSOE e BNG soben en termos absolutos ata
facer pensar nunha futura maioría absoluta, onde o PP baixa de xeito mías
significativo se pomos en xogo todas as variábeis relevantes: o PP xógase a
perda da súa comunidade máis emblemática, xunto con Castilla-León (“de Madrid
ao mar todo é noso”, dicíalle Aznar a algún persoeiro estranxeiro), tras da
desfeita do Prestige. O avance do PSG o pon en boas condicións para as
autonómicas, se sabe conservar o pulo, e o BNG, aínda perdendo poder municipal
nas grandes cidades, segue avanzando lenta e firmemente. Os problemas de
relación entre estas dúas forzas poden ser a mellor baza do PP para o futuro,
un PP que segue a perder votos nas cidades e vai perdendo máis e máis voto nas
vilas, coma se o dito revolucionario do “cerco das cidades dende o campo”
trocárase agora ata ser “o cerco do campo dende as cidades”, e esa parece ser a
situación: en canto o pulo de vilas e cidades chegue ás entidades menores de
poboación, o PP verá pechado o seu ciclo de poder.
O PSOE avanza tanto desde as municipais do 1999 como dende as xerais
do 2000, e anque xerais e municipais non son exactamente comparábeis, si que
poden marcar a tendencia mutua en moitas ocasións (non en todas). Con todo, o
PP non perde moito e aguanta o tirón dos últimos meses, dando a impresión de
ser un partido forte, ordenado, con capacidade de resposta e discurso (anque
sexa un pouco paleolítico, demostrouse eficaz). E, sobre todo, co estado nas
súas mans, o que se permite o uso das televisións públicas (e boa parte das
privadas) ao seu gusto. Tamén boa parte da prensa escrita e das radios. Se
ademais do que teñen, houberan rematado ao grupo PRISA, como pretenderon, na
máis antidemocrática das súas manobras, a estas horas xa non se podería falar
de pluralidade e democracia. Non foi así, anque se lle achega bastante se de
medios falamos. Esa é a súa mellor arma para gañar no 2004.
Fermín Bouza
[1] 35,27% fronte ao 30,84% do PSOE.
[2]O PSOE, 27,9%. O PC, 12,70%. UCD o 31,30%.
[3] El País, 22 de Mayo de 2003: “Ya en la recta final de la campaña, el presidente del Gobierno, José María Aznar, ha querido hacer balance de estas dos semanas en la carretera, en lo que respecta al PSOE. A su juicio, si antes de iniciarse el periodo electoral, la oposición estaba “en pelota”, ahora se comprueba que está `en pelota picada´.”
[4] El Mundo, Sábado, 24 de Mayo de 2003: “El presidente del Gobierno, José María Aznar, estuvo 'sembrao' y
protagonizó distintas anécdotas aunque la más sonada, ya en la recta final, se
produjo en la localidad sevillana de Villamanrique de la Condesa, donde la
candidata al ayuntamiento le puso en un apuro al referirse a sus atributos.
Así, en medio de un mitin la candidata le espetó: "con todo lo chiquito
que es usted, tiene los cojones muy bien puestos", a lo que Aznar, entre
risas de los asistentes, le respondió con un "tómate lo que quieras",
y propuso que `si alguien tiene un metro por ahí, se lo prestáis si me quiere
medir a ver cómo ando de medidas´ “
[5] No meu barrio de Chamberí a participación foi do 75,49%, con 65,4% de voto paro o PP. A participación no estado foi do 67,36% -63,99% no 1999-, case tres puntos e medio de porcentaxe por riba das anteriores eleccións
[6] 68,90% foi a participación no Municipio de Madrid –60,04% no 1999-, con 51,30% ao PP –49,48 no 1999-, 36,68% ao PSOE –con 36,0% no 1999- e 7,22% a IU –con 8,27 no 1999-
[7] Pasa de 7,71% a 12,73%, recollendo voto, probábelmente, do PSC e de CiU.
[8] Pasa de 10,93% a 11,10%.
[9] Pasa de 37,38% a 33,23%.
[10] Pasa do 26,52% a 24,37%.
[11] Pasa de 41,39% a 37,81%.
[12] Pasa de 33,26% a 38,64%.
[13]
Pasa de 32,97% a 36,97%, e gaña Zaragoza.
[14] Pasa do 49,46% a 52,69%